Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

Arquitectura civil

Entre os séculos XVI e XVIII construíronse importantes pazos e casonas, mansións de antigos nobres e familias fidalgas. As súas dimensións, escudos nobiliarios, torres, solainas, capelas, pombais e amplos xardíns dan idea do poderío que antano tiveron os seus propietarios.

A mostra máis significativa estas residencias señoriais é a Torre Pazo de Goiáns, situado na desembocadura do río Coroño. Actualmente propiedade municipal. Dos liñaxes dos moradores do pazo representados nos seus escudos, destacamos a imaxe da serea da Illa de Sálvora dos Mariño. Conta a lenda que a poderosa familia naceu do encontro entre un pescador e unha serea. A extensión está formada polo pazo - torre, a capela, o hórreo, o pombal, a casa dos caseiros, lagares, o embarcadoiro e as pesqueiras. A área ten un gran potencial ambiental, ademais dun bosque autóctono con pinos, carballos, castaños e sobreiras, encontramos outras especies centenarias de gran interese.

Outros edificios dignos de mención son o Pazo de Fonteneixe (Boiro), o Pazo de Agüeiros (parroquia de Abanqueiro), o Pazo de Ribademar (Quinteiro, Cespón) ou a Casa de Vimiero (Boiro). Todos eles de propiedade privada.

 

 

 

 

Arquitectura popular

O xenio creador dos vellos canteiros e mestre de obras non só se manifestou en Boiro a través de pazos, igrexas e cruceiros, senón tamén por medio de creacións máis sinxelas, que, quizais pola súa íntima integración nesta paisaxe, en moitas ocasións pasan desapercibidas.

Trátase de hórreos, muíños, lavadoiros, pombais, portos, fornos de tella e outras construcións que na súa maioría viron a luz no século XVIII, coincidindo coa etapa de expansión que supuxo este século para o vello Boiro.

 

Lavadoiros

Contricións tradicionais situadas de forma estratéxica, de maneira que aproveitaban os mananciais dos ríos. Lavadoiro de Brión e o da Boliña.

 

 

Muíños

Moi funcionais, dedicados á trituración de gran aproveitando a enerxía da auga en funcionamento. En Boiro, encontrarás un patrimonio de máis de 120 muíños catalogados, moitos deles aínda continúan hoxe en funcionamento. Podes visitar os muíños de Ponte Goiáns e un muíño do río Beluso no lugar de Bealo.

 

 

Hórreos

Celeiros dedicados ao secado e almacenamento de cereais, especialmente millo. Veralos en moitas das nosas casas de aldea. Hórreo dos Carreró, en Cabo de Cruz, ou o do Araño, no municipio veciño de Rianxo, o máis longo de Galicia.