Primitivo templo románico na aldea de Cures. No nicho da fachada atópase o patrón da parroquia; no exterior do edificio destaca a torre do campanario cun lintel fechado no 1745, sendo reitor Don Bernardo Losada. No seu interior hai dúas pilas bautismais que decoran a nave da igrexa.