Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Cruceiros

 

Cruceiros

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O cruceiro representa un dos elementos máis significativos da iconografía galega, galonando as encrucilladas de camiños e os atrios das igrexas. Fálase de cristianización de lugares, pero tamén de rituais e lendas. Ao largo do municipio de Boiro encontrarás máis dun centenar de cruceiros catalogados deste tipo de escultura relixiosa ao aire libre. Como poderás ver constan de tres partes (base, vara e cruz) e están tallados en pedra.  A súa tipoloxía é variada.

 

  • Cruceiros de “varal”, dunha cruz. Son os máis sinxelos. As mostras máis representativas encontraralas en Corrillo, San Ramón de Bealo e A Charca.
  • Cruceiros de “loreto” ou “capeliña”, que teñen na súa cúspide unha pequena cavidade que salvagarda a imaxe da Virxe. Son moi característicos nas Terras de O Barbanza. Encontrarás unha mostra interesante deste tipo de cruceiro fronte á capela do Loreto, en Vilariño, e outra en Boiro de Arriba, moi cerca da casa reitoral.
  • Cruceiros de tres cruces ou “calvarios”, pouco frecuentes en Galicia. Na maioría dos casos remataban os Vía Crucis campestres. Consta de tres cruces sobre unha base octogonal e plataforma cuadrangular de dous grados. Destaca o cruceiro do Calvario de San Roque, en Cespón, acabando un largo Vía Crucis que se iniciaba en Abanqueiro.

 


 

Galería de imaxes

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar