Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

 

Cómo chegar?

Boiro Turismo - Aeroportos e estacións de tren preto de Boiro

.

Para chegar a Boiro debes tomar a Autopista do Atlántico (AP9) en dirección a Padrón. É neste pobo onde enlaza coa Autovía do Barbanza (AG11) que che conducirá ao teu destino.

Non che resultará difícil. O municipio boirense atópase moi próximo ás principais cidades galegas, concretamente a:

 

  • 54 km (50´) desde Santiago de Compostela
  • 126 km (1h 20´) desde A Coruña
  • 82 km (1h 5´) desde Vigo
  • 55 km (50´) desde Pontevedra
  • 151 km (1h 40´) desde Ourense
  • 185 km (1h 50´) desde Lugo

 

Decide como moverte por Galicia, como chegar ata Boiro e/ou como moverte pola súa contorna. As posibilidades son case infinitas. Transporte en autobús, en tren, en taxi ou en avión son algúns dos enlaces que che recomendamos.

 

Autobuses interurbanos

Arriva
Esta liña de autobuses enlaza Boiro con Aguiño e Santiago de Compostela. A parada atópase na Rúa Principal, concretamente na Praza de Galicia, diante da Casa do Concello. Podes consultar os horarios na web www.arriva.es


Monbus
Esta liña de autobús enlaza Boiro coa localidade veciña de Noia. A parada atópase na Rúa Principal, concretamente na Praza de Galicia, diante da Casa do Concello..  Podes consultar os horarios na web www.monbus.es

 

 

Autobuses urbanos

Autos Ramón Outeiral, S.L.
Comunica o centro urbano de Boiro cos núcleos de Escarabote, Cabo de Cruz, Abanqueiro e Cespón.  Paradas na Avenida da Constitución e na Rúa Principal, concretamente na Praza de Galicia, diante da Casa do Concello.

Contacto:

Pol. Indal. de Espiñeira, parcela 23
15930 Boiro (A Coruña)
Telf. (+34) 981844161

 

 

Taxis

O municipio de Boiro conta con servizo de taxis as 24 horas do día. A parada atópase na rúa Robustino Pérez del Río.

Contacto:

Telf. (+34) 981844084

 

 

Trens

Catoira, Padrón e Santiago de Compostela son as localidades máis próximas ás que chegan liñas de proximidade e rexionais.


Renfe - Santiago de Compostela
Rúa Hórreo, 75
Información e reservas (24h): 902240202


Renfe - Padrón
La Matanza, s/n
15917 Padrón (A Coruña)


Renfe - Catoira
Rúa Estación, s/n
36612 Catoira (Pontevedra)

Web: www.renfe.com

 

 

Servizos aéreos

Galicia conta con tres aeroportos, todos eles a menos de hora e media en coche hasta Boiro:


Aeroporto de Santiago (SCQ)
Lavacolla, s/n. 15820 Santiago de Compostela
Telf: (+34) 913211000 - (+34) 981547501
E-mail: scqweb@ena.es
Web: www.aena.es


Aeroporto de Vigo (VGO)
LAvda. del Aeropuerto, s/n. 36318 Vigo
Telf: (+34) 986268200
E-mail: coordinacionVGO@aena.es
Web: www.aena.es


Aeroporto de A Coruña (LCG)
Rúa Rutis. 15174 Vilaboa
Telf: (+34) 981187315
E-mail: webmaster.lcg@aena.es
Web: www.aena.es