Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Encontros arqueolóxicos do Barbanza

 

Encontros Arqueolóxicos do Barbanza
A gran cita galega en materia prehistórica e arqueolóxica

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Estes encontros, organizados polo Centro Arqueolóxico do Barbanza, son un ciclo de conferencias que teñen como eixe central o mundo da arqueoloxía e a prehistoria. Naceron no ano 2007 có obxectivo de trasladar á cidadanía os resultados das investigacións levadas a cabo na propia comarca do Barbanza. Con todo, como consecuencia do interese suscitado entre o público, foi preciso ampliar, en posteriores edicións, a temática e o ámbito das investigacións. 

Teñen unha periodicidade anual. Caracterízanse pola alta divulgación e rigor científico e, hoxe en día, son todo un referente a nivel galego.

Durante a súa celebración, máis dunha decena de especialistas, tanto nacionais como internacionais,  soben ao escenario da casa de cultura Ramón Martínez López para retroceder no tempo, propoñendo unha viaxe ao pasado, pero tamén para analizar a situación na que se atopan distintos xacementos.

 



LOCALIZACIÓN: Casa da Cultura “Ramón Martínez López” - Boiro
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida

 Consultar data en www.centroarqueoloxicodobarbanza.org 

Localización

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar