Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Festas e romarías: Samaín

 

Samaín
A celebración celta de reencontro cós mortos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O Samaín, a festividade celta por excelencia, marcaba o final das colleitas e o inicio do ano novo. Tamén a conexión cós espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cós seus antepasados falecidos.

Esta festa ancestral chegou ata nosos días coincidindo coa véspera da festividade cristiá de Tódolos Santos; e tras a recuperación dalgúns antigos costumes, como a de baleirar cabazas tallándolles caricaturas grotescas e, colocándolles logo unha vela acendida no seu interior, espantando así ás meigas e aos espíritos malignos.

É indiscutible a relación especial que se mantén en Galicia coa morte. A Santa Compaña é o mellor exemplo desa comuñón. Pasados os séculos, a festividade celta de ano novo é agora unha festa chea de diversión e unha escusa máis para pasalo ben.

Consulta o programa de actividades nestas datas.