Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Festas e romarías: Letras Galegas

 

Letras Galegas
Mimando a nosa fala

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O 17 de maio de 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural do galego.

Cen anos máis tarde, a Real Academia Galega escollería esa mesma data para conmemorar a  nosa fala, o noso idioma, as nosas letras. Faino homenaxeando cada ano a unha persoa diferente, esixíndose que teñan transcorrido, polo menos, dez anos desde a data do seu falecemento. Unha figura que teña destacado pola súa creación literaria en idioma galego e/ou pola defensa da nosa lingua.

Só si estás en Boiro neste día, terás a posibilidade de coñecer o Pazo de Goiáns, que nesta data abre as súas portas para acoller alí nosa peculiar romaría das letras galegas, cun amplo programa de actividades culturais.