Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Festas e romarías: Fogueiras de San Xoan

 

Fogueiras de San Xoán
Habelas, hainas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Si hai unha noite máxica en todo o ano,  esa é a de San Xoán. Desde os tempos máis remotos, e coincidindo sempre coa celebración do solsticio de verano, vense festexando na nosa terra a noite de San Xoán. Unha noite que goza xa dunha tradición moi arraigada e que adquire unhas connotacións e unhas características moi especiais que a converten nunha noite máxica.

San Xoán é a noite do lume; as fogueiras; dese auga que revive as propiedades curativas das fontes santas e milagreiras; das nove olas do mar que purifican e fecundan; do orballo; das meigas… ¡Pois habelas, hainas!

Atoparás fogueiras nas zonas de praias e en calquera recuncho do noso pobo. Ao seu a redor, reúnense grupos de amigos e familias que cantan e bailan ata a madrugada. Non faltarán as sardiñas e os cachelos. Tampouco o salto á fogueira, espantando así ás bruxas e purificando, desa forma,  o noso corpo e a nosa alma.