Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Festas e romarías: Entroido

 

Entroido
Orellas e filloas galegas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O Entroido é unha festa na que un pode rirse de todo. Unha celebración de larga tradición popular, por todo o alto, á que calquera pode unirse. Iso si, convén vir disfrazado... ¡do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de divertirse. Sen disfrace un corre o risco de que lle boten fariña por riba ou de ter que invitar a unha volta de viños. ¡É a lei!

Outra tradición que se cumpre sempre por estas datas, é a dos banquetes gastronómicos. O antroido boirense ven acompañado dunha boa cociña con suculentos pratos nos que o porco, acompañado de patacas,  grelos e garavanzos, convértese no verdadeiro protagonista; sen esquecernos dunha boa sobremesa como son as orellas e as filloas galegas.