Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Festa do Sacramento. Corpus Christi

 

Festa do sacramento. Corpus Christi
Rúas tapizadas con alfombras de flores

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Céntricas rúas de Boiro amencen o domingo de Corpus tapizadas de alfombras florais sobre as que pasará a procesión do Santísimo Sacramento, que se celebra o último domingo de xuño.

Para celebrar esta festividade, os veciños das rúas por onde pasa esta procesión elaboran, na véspera, as tradicionais alfombras florais; un auténtico alarde de voluntariedade popular no que participan tanto nenos como maiores, cada un cunha misión, e todos cun único propósito: rematar antes do amencer do domingo.

Durante a procesión, a Custodia, acompañada por bandas de música, detense en varios altares na que é  bañada por unha choiva de pétalos de rosas lanzados dende os balcóns, ao que o público asiste emocionado desde as beirarrúas. Ao rematar, o valor artístico das alfombras desaparece, e só queda o seu testemuño nas fotografías que toman decenas de espectadores.