Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Procesións marítimas

 

Procesións marítimas
A patroa dos mariñeiros

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nunha localidade estreitamente ligada ao mar como é a nosa, non podía faltar o día mo que se honra á patroa dos mariñeiros; unha festa vivida con moito fervor e gran devoción entre os habitantes do noso pobo.

 


Virxe do Carme de Cabo de Cruz

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cada 16 de xullo, no porto de Cabo de Cruz, parroquia de Santa María do Castro, vense celebrando a tradicional procesión marítima na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Durante a procesión, e a varias millas do porto, a flota forma un círculo para realizar a ofrenda floral en memoria dos falecidos no mar, envoltos polo incesante son das bucinas. Este momento convértese nun dos máis emotivos desta festa mariñeira.

 

 

Virxe dos Mares de Escarabote

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

É outra das procesións marítimas que celebran os mariñeiros boirenses na honra á súa patroa, a Virxe dos Mares. Conmemórase na vila pesqueira de Escarabote, parroquia de Lampón, a finais do mes de xullo. Durante o percorrido desta procesión, faise unha parada para a tradicional ofrenda floral, conmemorando así a todos os falecidos no mar.

 

 

Virxe do Carme de Abanqueiro

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O primeiro fin de semana de setembro, na parroquia de San  Cristovo de Abanqueiro, a xente do mar festexa con paixón e devoción á súa patroa, a Virxe do Carme. A actividade e os nervios comezan xa o día anterior, engalanando a igrexa de campaña no porto e os barcos con bandeiras e cintas de cores. O día grande, tras a misa, da comezo a tradicional procesión marítima, na que cada ano un dos barcos da flota local é o elixido para levar á súa patroa; sendo escoltado polo resto de embarcacións que suman a su tripulación decenas de veciños que viven con auténtica paixón este momento.