Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Outras romarías de interese

 

Outras romarías de interese

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Romaría da Virxe de Exipto
A primeira das romarías populares

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Celébrase o primeiro fin de semana de agosto no lugar de Exipto, na parroquia de Abanqueiro.  Trátase dunha celebración, de carácter relixioso, na que danse os costumes propias dunha festa popular galega: folclore, gastronomía, verbena, romaría e veneración á  virxe na ermida. O día grande das festas, o domingo, ten lugar unha romaría campestre no bosque que rodea a ermida. Alí xúntanse familias enteiras para pasar una longa xornada de verán ao aire libre e gozar dunha ampla gama de actividades culturais e de ocio programadas para a ocasión.

 

 

 

Romaría de Neixón
Ante os Castros de Neixón

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Romaría que se celebra ao pé do Castro Grande na Punta do Neixón, área arqueolóxica de gran interese, xa que está ocupada por dous xacementos moi próximos entre si (Castro Pequeno e Castro Grande), e que constitúen un referente na arqueoloxía galega.

Punta do Neixón é un espazo simbólico e un referente na paisaxe cultural tradicional de Boiro, manténdose como escenario de lendas, historias e contos do imaxinario colectivo.

A romaría nace en 1978 e celébrase na fin de semana anterior ao 15 de agosto.

É unha romaría popular galega, cuxa única referencia relixiosa é o traslado das imaxes desde a igrexa parroquial aos pés do castro, onde celébrase unha misa. A ela séguenlle comida campestre, charangas e gaiteiros.