Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

Turismo Relixioso

Boiro forma parte dunha rexión impregnada de santuarios, templos, igrexas e romarías dotadas de lendas, tradicións, crenzas e rituais de carácter máxico-relixioso.

É o destino que estás buscando se o que pretendes é coñecer o sentimento máis intenso e profundo da Semana Santa; vivir a festividade do Corpus Christi rodeado de coloridos mantos florais que, ano tras ano, deixan conmovidos a autóctonos e foráneos; gozar de procesións marítimas; de romarías centenarias,  nas que costumes e tradicións relixiosas fusionan coas máis antigas lendas pagás; e onde percorrerás as mesmas augas polas que o corpo do Apóstolo Santiago chegou a Galicia. Unha clara invitación a purificar a túa alma, afastándote da vida cotiá e mergullándote nas tradicións e costumes desta tranquila localidade costeira.

 

Separador de contidos
Ruta Xacobea do mar de Arousa e río Ulla
Ruta Xacobea do mar de Arousa e río Ulla
Esta ruta conmemora a chegada a Galicia do Apóstolo Santiago
Semana Santa
Semana Santa
Abrindo paso entre as grandes Paixóns galegas
Corpus Christi
Corpus Christi
Rúas tapizadas con alfombras de flores
Procesións marítimas
Procesións marítimas
A patroa dos mariñeiros
Romaría de San Ramón de Bealo
Romaría de San Ramón de Bealo
O patrón das parturientes