Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Muíños de Ponte Goiáns

 

Pazo de Goiáns
Patrimonio e natureza
Único pazo visitable de toda a comarca

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A finca de Goiáns ocupa unha superficie próxima aos 120.000 metros cadrados e destaca pola súa situación privilexiada ao ter saída directa ao mar a través do esteiro do río Coroño.

Que podemos atopar?

Como elemento máis destacado do Pazo temos a Torre anexa á residencia pacega, símbolo para Boiro e como tal incorporado ao seu escudo. A torre é do século XVI. Foi crecendo en forma de L durante os séculos seguintes e a súa estrutura interna alterouse moito no século XX. Outros dos elementos deste consxunto son a capela. os lagares. o pombal, o hórreo, as pesqueiras e o embarcadoiro.

O Pazo

A residencia fidalga presenta unha planta de ele moi sobria, que se afasta dos canons dos pazos barrcos do litoral. Enriba da porta que da ao patio atopamos un escudo onde se dinstinguen as ondas do mar que representan á familia Mariño, fundadora do morgado da Casa de Goiáns en 1552.

De paseo pola finca

CAPELA.- Fundada en torno ao 1630 por Don Jorge Varela de CAstro Sotomayor consagrouse inicialmente ao culto de San Xurxo.

LAGARES.- A finais do século XVIII a CAsa de Goiáns, tiña unh producción vitivinícola moi importante, chegando a obter máis de 15.000 litros de viño.

EMBARCADOIRO.- O embarcadoiro foi clave nos intercambios comercias, xa que por aí entraban víveres, material de construción, mercadorías; e tamén saía o gando que ía ata Sálvora, o viño. e as ostras que se cultivaban na propia ensenada e se levaban a diferantes mosteiros como dote das fillas da Casa.

PESQUEIRAS.-   No esteiro do Río Coroño inda se poden apreciar restos dos muros das antigas pesqueiras que serviron  de abastecemento continuo de peixe fresco para o Pazo.

XARDÍNS.- O chamado xardín nobre situábase fronte á fachada leste do Pazo, onde actualmente se poden identificar varias árbores exóticas, unha fonte e un cenador. No percorrido polo resto de zonas verdes, non podemos deixar de visitar a impresionante sobreira de uns 300 anos que se atopa ao lado do embarcadoiro e que forma parte do único bosque autóctono en plenas condicións de conservación de toda a contorna; e a Camelia SAsanqua de gran porte situada tralo muro principal.

Horario visitas: 

Visitas guiadas durante o verán

Concertar visitas na Oficina de Turismo
Telf. 981 84 26 54
@: turismo@boiro.org

Acceso:  Goiáns

 


 

Galería de imaxes

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Ubicación

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar