Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más información - Aceptar.
Boiro Turismo
Festa da malla do centeo

 

Festa da malla do centeo
A ritmo de golpe

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Tódolos anos, a comezos de agosto, celébrase a tradicional festa da malla, unha labor emerxida grazas ao Colectivo Veciñal Abrañeira, fai  xa dez anos. Esta comunidade veciñal que, conta actualmente con 30 membros, comezou con esta iniciativa de recuperación e divulgación có obxectivo de conservar unha práctica de outrora e preservar a actividade histórica do Patrimonio Inmaterial de Galicia.

Pero, en que consiste?

A Malla realízase en dous días: o primeiro día lévase a cabo a recollida de centeo mediante fouces para logo secar mediante un proceso no que átase a planta e déixase repousar ao sol. Esa mesma noite, organízase un Serán Tradicional onde reúnense veciños e curiosos para festexar e comer a ritmo de música e baile.

O segundo día, o centeo golpéase cós mallos* para separar o gran da herba. É no segundo día, onde vemos as populares imaxes dun grupo de individuos en fila cós mallos golpeando a gramínea.

En todo este proceso participan persoas de tódalas idades, non hai límite de idade nin restricións, só ganas de compartir, recordar pero sobre todo de pasalo ben.

 Onde podes velo?

DATA: O sábado das festas do verán
LOCALIZACIÓN: Parque da Cachada. 42º38´39.20´´ N 8º53´4.62´´W
EVENTO: Malla do centeo

 

DATA: O primeiro sábado de Agosto
LOCALIZACIÓN No Campo de Ordenario en Teaño. 42º40´8.96´´N 8º53´50.81´´ W
EVENTO: Malla do centeo. Durante todo o día Teaño está de festa, podes quedar ao Xantar Popular ou participar en outras moitas actividades que o Colectivo veciñal Abrañeira organiza: Rutas a cabalo, torneo de chave, sorteo dun porco. E si aínda te quedan forzas, haberá verbena pola noite.

Na véspera tamén organizan un Serán pola noite.

*mallo: ferramenta composta por dous brazos de madeira, un máis largo que outro que mantéñense unidos por unha cadea. O brazo máis corto é ademais plano e sobresae para poder bater o gran con maior eficacia