O mercado municipal de abastos é unha oportunidade única para que coñezas as tradicións máis arraigadas da nosa localidade; os nosos oficios e costumes. Un espazo que, de luns a sábado, abre as súas portas facendo gala da riqueza da nosa terra e o noso mar e brindándote a oportunidade de mesturarte coa nosa xente.
Mergúllate na nosa idiosincrasia local achegándote a este fértil e bulicioso espazo de comercio, onde poderás adquirir o peixe máis fresco da ría, as mellores carnes ou as estupendas froitas, verduras e hortalizas cultivadas nas hortas do noso municipio.
LOCALIZACIÓN: Rúa Dr. Santos Mieites, s/n (Rúa peonil)
HORARIO: Luns a venres, de 08:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. Sábados, de 08:00 a 14:00h.
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.