Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Programa Paséate con nós


Programa "Paséate con nós"
Experiencias turísticas da man dos nosos maiores

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nosos avós son gardiáns de moitas experiencias e a súa complicidade é unha das mellores formas de dar a coñecer o noso patrimonio, a nosa forma de ser e vivir. Así, nos meses de verán, e a través de visitas guiadas, aprenderás sobre distintas temáticas: profundarás no funcionamento dun dos 120 muíños de auga catalogados neste municipio; visitarás o porto de Cabo de Cruz, onde un dos bens máis prezados do noso municipio, o mexillón, ten a maior das súas riquezas; experimentarás cómo é o marisqueo na praia de Abanqueiro da man das mariscadoras da Cooperativa Ría de Arousa; e coñecerás un estaleiro tradicional para presenciar cómo se constrúe un barco. Un programa que contribúe a converter o boca a boca nun auténtico relevo xeracional. So tes que concertar cita na Oficina de Turismo para participar nel. 

 

PERÍODO DE VISITAS: Desde principios de xullo ata principios de setembro, en horario de luns a venres.
DURACIÓN APROXIMADA: 1 hora
MAIL: turismo@boiro.org
TELÉFONO: 981 842 654
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.

 


Coñece aos protagonistas das experiencias do programa de visitas guiadas "Paséate con Nós" nos seguintes videos: