Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo

 

En parella

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Visitar Boiro é sinónimo de gozar da infinidade de propostas que esta localidade costeira ofrece. Existen moitos plans románticos e orixinais para que poidas compartir coa túa parella, e gozar así de momentos únicos.

Plans alternativos onde a tranquilidade, o relax e o amor son os principais alicientes para pasar uns días inesquecibles. Así, Boiro pode ser un destino idóneo para pasar o teu aniversario, sentirte como o primeiro día e gozar de cada instante que pasedes xuntos.

Aquí atoparedes unha ampla gama de establecementos onde poder aloxarvos, desde aloxamentos rurais a hoteis con encanto, pensións familiares, un cámping e unha ampla oferta de establecementos “alternativos”, dirixida a satisfacer a demanda de parellas que queiran entrar en contacto coa xente local e os seus costumes. Teredes a posibilidade de degustar comida caseira, ou gozar dunha velada romántica, á vez que descubrides unha pequena gran localidade chea de vida. Onde durmir e Onde comer.


Estes son os sitios que propoñémosche e que che faranche desexar que o tempo non avance nunca:

O centro urbano de Boiro está cheo de autenticidade e beleza. Perdédevos polas rúas máis céntricas da localidade e penetrarvos no Paseo Fluvial do Río Breiro, unha senda peonil, de case 1 km de lonxitude, que une o centro urbano co paseo marítimo de Barraña e na que poderedes gozar dun ambiente tranquilo. Moi romántico!

Din que a felicidade é unha viaxe, non un destino, pero por que non ser ambas? Ao longo da costa boirense atoparedes a vila mariñeira de Cabo de Cruz; un dos pobos costeiros máis fermosos de toda a comarca, onde a súa fama pola calidade dos seus mariscos, sobre todo o mexillón, excede fronteiras nacionais. As súas casiñas de cores, a súa luz, o seu porto e a súa lonxa, convérteno en visita obrigatoria.

Gozade dun romántico paseo polo seu porto, onde paga a pena parar, gozar das fermosas panorámicas que se ofrecen da ría e repoñer forzas nas terrazas dalgún dos seus bares.

E porque o amor tamén significa aventura e paixón, a nosa próxima parada é a Ría de Arousa, un dos espazos máis entrañables desta localidade. Podedes imaxinar algo máis romántico que un paseo en barco pola Ría? Navegar coa túa parella nunha pequena embarcación é unha experiencia que paga a pena ser vivida, recomendamos a Ruta do Mexillón.

Para os máis arriscados ofrecémosvos outras posibilidades, onde queimaredes a vosa adrenalina mentres gozades dunha contorna privilexiada; paseos en piragua, canoa, Kaiak, mergullo, vela… son algunhas das posibilidades de actividades náuticas á altura de deportistas experimentados. Consulta "Turismo Náutico" e “Turismo Deportivo”.

Outra forma de descubrir a natureza é penetrándose nela. Un pequeno paseo en forma de enseada, sinxelo e adaptado a todos os niveis, e que une o porto de Cabo de Cruz coa vila mariñeira de Escarabote, conduciravos á Zona Natural do Estuario do Río Coroño. Unha vez alí poderedes gozar dun picnic en plena natureza e atoparedes a combinación perfecta entre o mar e a terra. Explorala non vos levará demasiado, así que perdédevos entre a súa natureza e aproveitade a intimidade do lugar para gozar da tranquilidade e da vosa única compañía.

E por suposto nada mellor, para volver namorarse, que contemplar unha posta de sol desde o Miradoiro do Coto da Filloa (A Filgueira). Este miradoiro é como unha especie de rañaceos de rochas e arbustos que supera en altura aos famosos edificios de Nova York.

Antes de finalizar a xornada, aconsellámosvos que aproveitedes a escura noite, para saír a fotografar o Boiro nocturno. Contaredes cunhas estampas únicas para compartir en parella e inmortalizar para sempre paisaxes e retratos únicos.