Boiro facendo camiño pon a man dos cidadáns a información e os mecanismos necesarios para poder gozar de fermosos roteiros que percorren o municipio. Para que desta maneira, podamos achegar unha ampla rede paseable que abre unha gran oferta de posibilidades para facer coa familia e os amigos durante as fins de semana (respectando sempre as medidas de restrición que teñamos impostas no concello pola COVID-19 en cada momento).
As rutas de Boiro facendo camiño están deseñadas para todas as idades, cunha extensión de entre 5 e 10 km. e de dificultade baixa; son a maior parte delas, circulares. Tentamos que ao seu paso poidan gozar do maior número de recursos patrimoniais, achegando así un valor engadido aos roteiros.
As rutas de Boiro facendo camiño foron deseñadas e planificadas por Eduardo Estévez, Bernardino González e José Cornado en colaboración co Concello de Boiro.