Nestes muíños os antigos boirenses utilizaban a forza da auga para moer. Grazas ás labores de conservación, a día de hoxe atópanse en bo estado tres muíños, dous deles abertos aos visitantes e o terceiro como bar de tapas que leva o nome de «Os Muíños». No interior deste muíños poderás velas rodas de pedra (solo con visita guiada) que servían para moer o gran e facer fariña, o que che fará reflexionar sobre o cómoda que é a vida hoxe con todos os aparatos electrónicos dos que dispoñemos. Desde as pequenas pontes que hai nos arredores poderás contemplar a variada vexetación e as numerosas especies de aves que veñen aquí en busca de acubillo e alimento.
Horario visitas:
Concertar visitas na Oficina de Turismo
Telf. 981 84 26 54
@: turismo@boiro.org
Acceso: Ponte Goiáns e Avda Compostela