Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Castros de Neixón


Castros de Neixón

A historia a veces escríbese con tinta invisible

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Na parte más setentrional da ría de Arousa, localízase un área arqueolóxica de gran interese, declarada Ben de Interese Cultural en 2011.  Trátase da zona arqueolóxica dos Castros de Neixón. Nunha pequena península que penetra na Ría, localízanse dous pequenos asentamentos castrexos, un deles foi habitado fai máis de 2500 anos, e as súas raíces aséntanse na transición entre a Idade de Bronce e a Idade de Ferro. Foi un dos primeiros xacementos arqueolóxicos galegos intervidos con técnicas e métodos que poderíamos considerar os albores da arqueoloxía como disciplina. Sucedeu nas primeiras décadas do século pasado, e participaron nelas os que hoxe en día se consideran parte dos pais da arqueoloxía galega, D. Fermín Bouza Brey e D. Florentino López Cuevillas. Estes primeiros datos obtidos durante as excavacións arqueolóxicas servirán para publicar a primeira síntese científica da prehistoria e protohistoria galega.

O outro castro, o Grande, foi ocupado máis tardiamente que o Pequeno, posiblemente con posterioridade ao abandono deste, e grazas ás investigacións realizadas sabemos que foi abandonado tardiamente como lugar de asentamento, quizais entorno ao século III d.C. aínda que posteriormente esta zona servirá para aloxar unha pequena necrópole tardo-antiga que está en proceso de investigación nestes momentos.

 

 

ACCESIBILIDADE: Aparcamento reservado. Visitas adaptadas para persoas con discapacidade visual.

FIGURA DE PROTECCIÓN: Ben de Interese Cultural (BIC)

 

Visor de recurso


 

Galería de imaxes

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Localización

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cespón - Neixón.

 

 

COORDENADAS: latitud: 42.662098, longitud: -8.840668

ENGADIR LOCALIZACIÓN A GPS