Para chegar a Boiro debes tomar a Autopista do Atlántico (AP9) en dirección a Padrón. É neste pobo onde enlaza coa Autovía do Barbanza (AG11) que che conducirá ao teu destino.
Non che resultará difícil. O municipio boirense atópase moi próximo ás principais cidades galegas, concretamente a:
- 54 km (50´) desde Santiago de Compostela
- 126 km (1h 20´) desde A Coruña
- 82 km (1h 5´) desde Vigo
- 55 km (50´) desde Pontevedra
- 151 km (1h 40´) desde Ourense
- 185 km (1h 50´) desde Lugo
Decide como moverte por Galicia, como chegar ata Boiro e/ou como moverte pola súa contorna. As posibilidades son case infinitas. Transporte en autobús, en tren, en taxi ou en avión son algúns dos enlaces que che recomendamos.