Na desembocadura do principal río de Boiro, atópase unha das paraxes naturais máis belos e peculiares da zona. Aquí, o río Coroño chega por fin ao final do seu traxecto formando unha pequena ría rodeada de vexetación tipicamente lacustre. É un varadoiro natural ideal para pequenas embarcacións. Por aquí cruza a ponte que une Escarabote con Boiro e comeza o paseo marítimo de Barraña.
Piñeiral, habilitado con mesas e grellas. Niño de libros (librería de balde), tirolinas, trainning box e circuíto biosaudable.
ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con mobilidade reducida.