Hai cimas máis altas no Barbanza que este miradoiro, pero este comparte as magníficas vistas que outras paraxes teñen da ría de Arousa. Este miradoiro é como unha especie de rañaceos de rocas e arbustos. Moi preto atópase a ruta das mámoas, formada por uns 30 monumentos funerarios que datan de fai miles de anos. É posible que os antigos poboadores destas terras xa usasen este miradoiro para vixiar o territorio, defender ás súas familias e orientarse.