Esta lagoa está atrapada entre campos de cultivo, bosques e a ría, formando un refuxio para aves de todo tipo, tanto do propio humidal como as que veñen do mar. Seguindo un camiño de terra próximo á praia de Carragueiros chegas á lagoa. Unha vez alí, costa comprender cómo poden convivir en paz tantas especies de aves, mamíferos oo peixes nunha contorna tan reducida, entre as que se atopan a garza real, o somorgullo, anfibios como a píntega e culebras. Neste lugar reina unha harmonía difícil de imaxinar. Se os habitantes destas augas fóramos nós mesmos, a convivencia non sería o mesmo. Preservar este sitio tal e como o coñecemos é tarefa nosa.