O Entroido é unha festa na que un pode rirse de todo. Unha celebración de larga tradición popular, por todo o alto, á que calquera pode unirse. Iso si, convén vir disfrazado... ¡do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de divertirse. Sen disfrace un corre o risco de que lle boten fariña por riba ou de ter que invitar a unha volta de viños. ¡É a lei!
Outra tradición que se cumpre sempre por estas datas, é a dos banquetes gastronómicos. O antroido boirense ven acompañado dunha boa cociña con suculentos pratos nos que o porco, acompañado de patacas, grelos e garavanzos, convértese no verdadeiro protagonista; sen esquecernos dunha boa sobremesa como son as orellas e as filloas galegas.