Paixón de múltiples paixóns e cunha boa posta en escena, a beleza das procesións da Semana Santa boirense, constitúe un evento de ineludible visita dentro da comarca do Barbanza.
Durante estes días, as rúas desta localidade mariñeira inúndanse de relixiosidade. Grandes actos relixiosos infestados de tradición e historia conmemoran a morte, paixón e resurrección de Xesucristo.
O programa, que comeza nos quince días previos ao Xoves Santo, conclúe o Domingo de Pascua.
Programa