Boiro estende as súas raíces na Galicia máis singular, as Rías Baixas, unha zona marcada por un mosaico de tonalidades azuis e verdes que conxuga o océano atlántico coas fértiles terras galegas.
Á súa beira, centos de viñedos propician unha boa selección de viños brancos, tintos ou rosados. Os nosos, son os “Viños da Terra Ribeiras do Barbanza – Iria”. Uns viños que harmonizan á perfección co peixe, cos sabores iodados dos mariscos. Viños a calquera hora, ideais para ser paladados sorbo a sorbo nos momentos do aperitivo e/ou do almorzo.
A súa elaboración realízase exclusivamente con uvas das seguintes variedades:
Variedades preferentes:
- Brancas: albariño, caíño branco, godello, loureiro branco ou marqués, treixadura e torrontés.
- Tintas: brancellao, caíño tinto, espadeiro, loureiro tinto, mencía ou sousón.
Probalos representa un auténtico pracer para os sentidos!