O tapeo en Boiro é moito máis que tradición, forma parte da cultura das súas xentes. Basta que recorras a rúa peonil en horas punta para que poidas comprobalo.
Bares e terrazas son lugar de encontro para xente da zona, nos que charlar cos amigos gozando dun bo viño.
Aínda que a rúa peonil é a principal zona de tapeo, hai outros moitos bares dispersos no rueiro de Boiro. Anímate a descubrilos!
E, lembra, é costume da casa que che conviden a unha tapa. Non perdas máis tempo e gózaa!