Zona boscosa, habilitada con mesas e grellas, ideal para organizar comidas campestres. Está situada ao lado da ermida de San Ramón de Bealo, patrón das parturientes, nunha contorna de gran beleza natural e moi próxima a un importante xacemento arqueolóxico con numerosos petróglifos.
Neste lugar, cada 31 de agosto, e dende fai xa 260 años, celébrase unha romaría que rende culto ao santo. A festa ten a declaración de Interese Turístico de Galicia.
ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.