Unha senda peonil, de case 1 km de lonxitude, que une o centro urbano co paseo marítimo de Barraña e na que poderás gozar dun ambiente tranquilo, rodeado de numerosa vexetación, así como dun peculiar lago. Ao longo do seu percorrido atoparás tamén unha variedade de máis de 200 árbores de ribeira – bidueiros, salgueiros, ameneiros,…-, ata seis tipos de plantas -algunhas acuáticas- e unha gran pradería de herbáceos. Conta cunha área recreativa dotada de mesas e bancos en zona de sombra, nos que poder deterte para retomar forzas.
ACCESIBILIDADE: Practicable para personas con movilidade reducida