Un sendeiro con encanto que percorre os cantís e pequenas calas e praias do pobo pesqueiro de Escarabote, saíndo da zona portuaria ata chegar á zona do Conchido: barcos fondeando no porto, casas pegadas ao litoral, a pedra da Aroña, a praia do Porto e a da Gavoteira e unhas preciosas vistas á Ría de Arousa.
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.