Xunto a Barraña, o areal Barraña-Saltiño esténdese ata Rebordelo, completando o paseo marítimo de Barraña. Dende aquí, poderemos continuar camiñando polo Paseo fluvial do río Breiro ata o centro da cidade.
Nesta praia hai campos de fútbol e voleibol praia, onde se celebran campionatos ao longo do ano.
Tamén está na mesma zona da praia, o cámping Barraña.
CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS:



Lonxitude (metros): 620 metros
Anchura pleamar: 35 metros
Oleaxe: augas tranquilas
Tipo de area: area branca fina
Ocupación tempada de verán: alta
Servizos: sanitarios, duchas, reciclaxe nos principais accesos, paseo, servizo de limpeza, paseo de acceso, área de picnic, bosques de piñeiros, rescate, sinalización do estado do mar, aparcadoiro e puntos accesibles.
Accesibilidade: ten punto accesible