Esta extensa praia da parroquia de O Castro é o areal boirense máis de moda e que cada verán recibe un maior número de bañistas atraídos pola calidade da súa area e a auga que acaricia este litoral.
Só una tenue liña de pedregais separa este abrigado areal de Carragueiros da praia de A Retorta.
Xunto a estas pedras que actúan como límite, localízanse uns illotes coñecidos como Os Baos, o de dentro e o de fóra, que se manteñen unidos á terra mediante un pequeno túmulo. Os períodos de baixamar facilitan o acceso a estas rochas que branquean unha peculiar area.
CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS:
Lonxitude (metros): 960
Anchura pleamar: 18 metros
Oleaxe: Augas tranquilas
Tipo de area: Area dorada, gran medio
Ocupación temporada estival: Alto
Servicios: aseos, duchas, papeleiras, servizo de limpeza, paseo marítimo, salvamento, sinalización estado do mar, aparcadoiros e punto accesible.