Tanto pola calidade das súas augas e area, como polas fermosas paisaxes que as rodean, as numerosas praias e calas de Boiro, constitúen un dos principais atractivos turísticos do municipio. As augas atlánticas que as acarician chegan limpas e sen os bríos do mar aberto ás ribeiras de Boiro para ofrecerlle ao visitante un lugar tranquilo onde bañarse, tomalo sol e gozar de calquera das posibilidades que esta costa ofrece.
Os areais de A Retorta, Barraña – Saltiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns e Piñeirón son un bo refuxio para todos aqueles bañistas que buscan gozar dun baño tranquilo.