A distancia entre os soños e a realidade chámase disciplina e isto coñéceno moi ben todos e cada un dos remeiros que forman parte do Club de Remo Cabo de Cruz; e é que a satisfacción de sacar a ondear a súa bandeira, que acaban de gañar con tanto esforzo ou de representar a Galicia nunha regata só é froito do traballo e a gran dedicación pola que estes mozos desvívense cada día. Deportistas que soñan por unha mesma meta, a de levar os triunfos ao seu club, coa súa xente, á súa vila, á nosa ría… ¡a de Arousa! Por iso, si o que te apetece é practicar remo, podes facelo nas instalacións deste club, nas que tamén imparten cursos para nenos tanto en verano como en inverno.