Unha ruta circular que parte da aldea de Comoxo, adentrase pola ribeira do río Coroño, onde veremos diversos saltos de auga e segue por camiños tradicionais ata chegar a Loxo, onde poderemos observar unha antiga fonte, un cruceiro, un pombal e as construcións típicas en granito. Seguindo o traxecto hasta Pomar do Río chegaremos ao Pozo de Cures. No camiño de regreso ata Loxo de Abaixo é moi recomendable aproximarse ao muíño rehabilitado "Muíño da Señora" nun fermoso e fresco paraxe.