Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Rutas de Senderismo

 

Rutas de sendeirismo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Percorrerás a nosa serra e chegarás á beira do mar, pasando por paisaxes que che descubrirán  a nosa cultura e tradicións. Poderás facelo pola túa conta ou en percorridos guiados.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Ruta das Mámoas
Estes monumentos funerarios gardan a memoria dos antepasados

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 Ao chegar a esta paraxe terás a sensación de que estás nun lugar de descanso. Aquí o silencio é maior aliado da memoria das persoas que no seu día repousaron nos numerosos túmulos que compoñen a ruta. Chama a atención que os monumentos funerarios máis grandes que se conservan en Boiro estean, quizais para delimitar o territorio, no alto da península do Barbanza, nun páramo menos abrigado da forza do vento e a choiva. Crese que colocáronos aquí para delimitar un territorio.

 

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO: Centro arqueolóxico do Barbanza. info@centroarqueoloxicodobarbanza.org · Tlfno: 981 843 810

Ruta Ambiental do Castelo de Vitres 

Percorrerás a nosa Serra e chegarás a orillas do mar

 Unha ruta que che permitirá partir do nucleo urbano de Boiro, dende o Rio Coroño en Brazos, atravesando os montes das nosas parroquias, hasta chegar ao alto da Serra do Barbanza. Unha ruta de gran beleza paixasística e riqueza patrimonial. O estratéxico enclave do Castelo de Vitres recompensa o esforzo do ascenso coas fermosas vistas da Ría de Arousa e do Estuario do Rio Coroño. 

 

Powered by Wikiloc

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO: Oficina de Turismo de Boiro. turismo@boiro.org . Tlfno: 981 842 654

 

Ruta Circular do val do Coroño

Adentrate polos pobos e camiños do val aos pes da serra

 Unha ruta circular que parte da aldea de Comoxo, adentrase pola ribeira do río Coroño, onde veremos diversos saltos de auga e segue por camiños tradicionais ata chegar a Loxo, onde poderemos observar unha antiga fonte, un cruceiro, un pombal e as construcións típicas en granito. Seguindo o traxecto hasta Pomar do Río chegaremos ao Pozo de Cures. No camiño de  regreso ata Loxo de Abaixo é moi recomendable aproximarse ao muíño rehabilitado "Muíño da Señora" nun fermoso e fresco paraxe.

 

Powered by Wikiloc

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO: Oficina de Turismo de Boiro. turismo@boiro.org . Tlfno: 981 842 654

 

Senda litoral de Boiro (SA 1503)

Unha ruta que che trasladará aos orixes mariñeiros de Boiro

 Na pequena vila costeira de Cabo de Cruz poderás viaxar no tempo hasta os orixes mariñeiros do actual concello de Boiro. Preto do porto, conservase os restos do castro do Achadizo, que se considera como a primeira aldea permanente da zona. Dende ahi podes camiñar para encontrarte co hórreo dos Carreró. Se tes a cámara de fotos á man, non podes perderte as casa de cores da praia de Riberia Grande. Continua o camiño polos paseos e areais da zona para retornar ao peirao antigo.

 

Powered by Wikiloc

 

ACCESIBILIDADE: Non practicable para persoas con movilidade reducida.

CONTACTO: Oficina de Turismo de Boiro. turismo@boiro.org . Tlfno: 981 842 654