Para gozar da natureza e a aventura, Boiro ofrece numerosas posibilidades. Á oferta de praia hai que sumarlle unha gran variedade e cantidade de deportes e actividades dos que podes gozar durante todo o ano. Rutas de sendeirismo, golf, son só algúns exemplos das actividades ao aire libre que se poden realizar no noso municipio.