Esta pequena vila mariñeira garda gran parte da historia de Boiro. No seu porto descubrirás que o pasado e o presente conviven ao igual que conviven o boiante porto pesqueiro co peirao vello, que é un dos máis antigos da ría, e no que amarraron e buscaron abrigo embarcacións que repasan a historia mariñeira de Galicia, como son as lanchas xeiteiras, as dornas de tope, os balandros, os galeóns, as traíñas ou as gamelas, entre outras. O cultivo do mexillón nesta zona foi quizais a orixe desta vila. Na súa lonxa, os mariscadores, mariñeiros, distribuidores e donos de peixerías xúntanse para facerse co mellor marisco da xornada. O castro do Achadizo, que está a uns metros do peirao, é un recordo vivo de que o pasado de Cabo de Cruz sempre mirou cara o mar.
ACCESIBILIDADE: Aparcamento reservado.
SUBASTA: De luns a venres ás 16:00 horas.