O turismo náutico é un dos pratos fortes que ofrece Boiro ao visitante. A suavidade do seu clima todo o ano, unida aos amplos areais dos que dispón, permite ofrecelle ao turista a posibilidade de practicar todo tipo de actividades e deportes náuticos: vela lixeira ou de cruceiro, piragüismo, submarinismo, remo…
Os dous portos deportivos de Barraña e Mariña Cabo de Cruz atópanse nos extremos da enseada de Boiro, como se fosen as puntas dunha pinza de nécora. Ofrecen un amplo programa de actividades náuticas e deportivas. Consulta as súas web ou infórmate na Oficina de Turismo.