Navega e goza do mar da nosa ría nas rutas náuticas dispoñibles con saída dende os nosos dous portos náuticos.
As rutas son as seguintes:
- Ruta Mexillón / Rúa / Areoso : Observa en primeira persoa o proceso de produción así como as características do entorno natural no que se cría o mexillón. Navegarás entre as bateas onde se cultiva o auténtico mexillón de Galicia e o percorrido chegará ata as inmediacións da illa de Rúa e da illa do Areoso.
- Areoso: Illote situado no interior da Ría de Arousa. Constituido case completamente de area, a metade norte conta cunha duna activa e outra vexetada, ademáis de contar cun importante xacemento arqueolóxico.
- Travesía pola ría: Unha gran oportunidade para visitar as mellores vilas mariñeiras dende o mar (Illa de Arousa, Cambados, A Toxa, O Grove e illotes que se atopan no centro da ría como o Areoso ou a Rúa).
- Sálvora: Na desembocadura da Ría de Arousa atópase a illa de Sálvora que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Chea de historias e lendas. Descubrea.
Consultar prezos
Descárgate o díptico das rutas da empresa organizadora aquí.