Moitas familias da ría de Arousa viven das riquezas que aporta o mar. Para amosar eses tesouros existen varias rutas de submarinismo que permiten observar o fondo mariño. Tras varios anos e moitas horas de inmersión, os expertos atoparon especies non catalogadas e que son novas para a ciencia. Isto demostra que o atractivo destes paraxes tamén está baixo a superficie.