Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo

Turismo Relixioso

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Boiro forma parte dunha rexión impregnada de santuarios, templos, igrexas e romarías dotadas de lendas, tradicións, crenzas e rituais de carácter máxico-relixioso.

É o destino que estás buscando se o que pretendes é coñecer o sentimento máis intenso e profundo da Semana Santa; vivir a festividade do Corpus Christi rodeado de coloridos mantos florais que, ano tras ano, deixan conmovidos a autóctonos e foráneos; gozar de procesións marítimas; de romarías centenarias,  nas que costumes e tradicións relixiosas fusionan coas máis antigas lendas pagás; e onde percorrerás as mesmas augas polas que o corpo do Apóstolo Santiago chegou a Galicia. Unha clara invitación a purificar a túa alma, afastándote da vida cotiá e mergullándote nas tradicións e costumes desta tranquila localidade costeira.