Paixón de múltiples paixóns e cunha boa posta en escena, a beleza das procesións da Semana Santa boirense, constitúe un evento de ineludible visita dentro da comarca do Barbanza.
Durante estes días, as rúas desta localidade mariñeira inúndanse de relixiosidade. Grandes actos relixiosos infestados de tradición e historia conmemoran a morte, paixón e resurrección de Xesucristo.
Por iso, cada ano, os máis de 600 confrades que forman parte da Irmandade do Cristo da Misericordia preparan con esmero as súas procesións. O programa, que comeza nos quince días previos ao Xoves Santo, conclúe o Domingo de Pascua.
PROGRAMACIÓN:
- O sábado, véspera do domingo de San Lázaro e 15 días antes de Semana Santa, inaugúrase o programa de celebracións, dando lectura ao pregón e recoñecendo aos novos confrades.
- Na semana anterior ao Xoves Santo, réndese culto á Virxe das Dores con triduo e, o venres, misa cantada e procesión.
- Domingo de Ramos. Bendición de ramos, procesión e misa.
- Mércores Santo. Procesión de Nuestra Sra. de la Piedad.
- Xoves Santo. Procesión do “ECCE HOMO”
- Venres Santo. Desencravo e procesión do Santo Enterro.
- Sábado. Misa solemne Vixilia Pascual. Nocturna.
- Domingo de Pascua de Resurrección. Remata a Semana Santa cun amplo horario de misas.