Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo

Arqueoloxía

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Boiro acolle un enorme e interesante legado arqueolóxico, tanto prehistórico como histórico. A presenza humana máis antiga testemuñada no termo municipal son as maxestuosas construcións funerarias pertencentes ás primeiras comunidades produtoras, aos primeiros gandeiros e campesiños, que se coñecen habitualmente co nome de túmulos ou mámoas, sendo esta última denominación máis específica desta zona, e que fai alusión á forma de mama que presentan moitas destas construcións no terreo. As máis antigas poden ter una antigüidade superior aos 6000 años. Boiro acolle unha das necrópoles tumulares máis representativas formada por máis dunha trintena, entre as cales destacan as grandes cámaras funerarias da Casota do Páramo, Arca da Barbanza ou Casarota do Fusiño.

Co descubrimento dos primeiros metais, fai algo máis de 4000 anos, as comunidades prehistóricas do momento comezan a deixar plasmadas nalgunhas rocas, o que hoxe en día consideramos a manifestación artística máis xenuína e identitaria da prehistoria galega: a arte rupestre galaica (a veces denominada como petróglifos, aínda que esta é unha acepción máis ampla e xenérica). Esta manifestación artística desenvólvese mediante a técnica do gravado realizadas sobre algunhas rochas ao aire libre de representacións varias, tanto realistas como abstractas; destacan por exemplo as figuras de cérvidos entre as primeiras, o de combinacións circulares entre as segundas. Algúns exemplos son os gravados de Pedra da Craba en Quinteiro (parroquia de San Vicente de Cespón), ou as preciosas combinacións circulares de Loxo (parroquia de San Andrés de Cures). Existen outros gravados como por exemplo os petróglifos de San Ramón de Bealo (Laxe da Serpe ou Laxe do Agoiro) de gran interese pero posiblemente de orixe histórica.  

Conforme avanzamos cara o presente, entorno a fai aproximadamente algo máis de 2500 anos, a poboación que habitaba neste territorio deixa de ser itinerante, e aséntase definitivamente nun mesmo territorio, e como consecuencia xorden as primeiras aldeas permanentes, o que comunmente coñecemos como castros; dos cales conservamos máis dunha ducia en Boiro, algún de extraordinario interese como son os castros de Neixón que foron declarados Ben de Interese Cultural no 2011, ou o recente descuberto Coto do Espiño, no lugar de Moimenta, e que está sendo obxecto de investigación.