Entre os séculos XVI e XVIII construíronse importantes pazos e casonas, mansións de antigos nobres e familias fidalgas. As súas dimensións, escudos nobiliarios, torres, solainas, capelas, pombais e amplos xardíns dan idea do poderío que antano tiveron os seus propietarios.
A mostra máis significativa estas residencias señoriais é a Torre Pazo de Goiáns, situado na desembocadura do río Coroño. Actualmente propiedade municipal. Dos liñaxes dos moradores do pazo representados nos seus escudos, destacamos a imaxe da serea da Illa de Sálvora dos Mariño. Conta a lenda que a poderosa familia naceu do encontro entre un pescador e unha serea. A extensión está formada polo pazo - torre, a capela, o hórreo, o pombal, a casa dos caseiros, lagares, o embarcadoiro e as pesqueiras. A área ten un gran potencial ambiental, ademais dun bosque autóctono con pinos, carballos, castaños e sobreiras, encontramos outras especies centenarias de gran interese.
Visitas guiadas: Pazo de Goiáns
Outros edificios dignos de mención son o Pazo de Fonteneixe (Boiro), o Pazo de Agüeiros (parroquia de Abanqueiro), o Pazo de Ribademar (Quinteiro, Cespón) ou a Casa de Vimiero (Boiro). Todos eles de propiedade privada.