Boiro é un enclave con praias apacibles e unha paisaxe ben protexida do mar na ría de Arousa, o que explica que nas súas costas e na sua enseada medre o mexillón, un tesouro do mar que fai deste pobo unha pequena potencia pesqueira. Pero Boiro é moito mais que un lugar no que desfrutar da natureza en estado puro... é patrimonio, é cultura. A sua grandeza patrimonial comeza xa cos túmulos do Neolítico que o definen como centro do Megalitismo en Galicia.